A proliferación de cabeceiras na Galicia do primeiro tercio do século XX contitúe un fenómeno que non deixa de asombrar a aqueles que se acheguen a el, ben sexa como investigadores ou movidos pola simple curiosidade do lector. En realidade non é senón un síntoma máis dunha sociedade en movemento, cun dinamismo que en maneira algunha deixaba á marxe ó ambito rural.
No caso da meirande parte da poboación rural, un público moi particular, recén chegado como colectivo á expresión escrita da cultura e que alberga sen embargo un entusiasmo de neófito pola mesma, ese “inmenso prestixio pola letra impresa” da que falaba Otero Pedrayo. O intento de abrirse ó campesiñado como lector obrigará ó que denominamos aquí prensa agraria adaptacións estilísticas que se analizan con detalle neste estudio.
Coa finalidade de que o lector poida contextualizar mellor a época que lle tocou vivir a Manuel Curros Enríquez, na presente edición optamos por complementar o ensaio de don Juan Xesta cunha serie de traballos nos que se abordan algún dos aspectos nos que Curros destacou na súa teima por conquerir unha sociedade máis xusta e libre.
O seu papel na poesía galega, a incidencia do laicismo na Galicia decimonónica e as relacións de Manuel Curros Enríquez coa masonería, e a enorme relevancia que a emigración galega a Cuba tivo para a nosa nación, son aspectos que consideramos necesario analisar máis detidamente para unha mellor comprensión, non só da biografía escrita por Juan Fernández Pérez, senón tamén do posicionamento de Curros na sociedade galega de finais do XIX e principios do XX.